PROXECTO DE INVESTIMENTO INNOVADOR DO SECTOR TRANSFORMADOR DOS PRODUTOS DA PESCA E DA ACUICULTURA

Nov 7, 2025

   

 Este proxecto cofinánciase pola Unión Europea polo FEMPA (Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura)

O proxecto de investimento focalízase nun conxunto de infraestruturas de grande interese para o sector de transformación da pesca e a acuicultura, que atenden ao propósito de levar a cabo actuacións que impulsen ao sector nos eidos da calidade e valor engadido dos produtos, a economía circular e o desenvolvemento de novos e mellorados produtos e procesos e sistemas de xestión e organización.

Estas capacidades posibilitarán:

  1. Potenciar a innovación en materia de economía circular, calidade diferenciada, seguridade alimentaria e novos procesos e produtos de valor engadido.
  2. Fomentar os procesos de transferencia tecnolóxica empresarial para mellorar o impacto na competitividade.
  3. Activar un espazo de colaboración avanzado e especializado que sirva de enlace entre investigadores e empresas.
  4. Integrar unha infraestrutura única de última xeración, adaptada ás necesidades do sector transformador, que reúna todo o esencial para que as empresas se adapten aos retos que supón a economía circular e ás tendencias en novos procesos e produtos, aproveitando as novas oportunidades.
  5. Implantar bancos de desenvolvemento para estudos de viabilidade, probas e validación, así como o desenvolvemento de proxectos de proba de concepto.
  6. Impulsar a internacionalización das empresas do sector transformador a través da innovación, contribuíndo á mellora dos seus produtos e procesos.
  7. Incrementar o coñecemento tecnolóxico de interese sectorial para a súa transferencia aberta.
Comparte esta noticia