
Este proxecto cofinánciase pola Unión Europea polo FEMPA (Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura)
O proxecto de investimento focalízase nun conxunto de infraestruturas de grande interese para o sector de transformación da pesca e a acuicultura, que atenden ao propósito de levar a cabo actuacións que impulsen ao sector nos eidos da calidade e valor engadido dos produtos, a economía circular e o desenvolvemento de novos e mellorados produtos e procesos e sistemas de xestión e organización.
Estas capacidades posibilitarán:
- Potenciar a innovación en materia de economía circular, calidade diferenciada, seguridade alimentaria e novos procesos e produtos de valor engadido.
- Fomentar os procesos de transferencia tecnolóxica empresarial para mellorar o impacto na competitividade.
- Activar un espazo de colaboración avanzado e especializado que sirva de enlace entre investigadores e empresas.
- Integrar unha infraestrutura única de última xeración, adaptada ás necesidades do sector transformador, que reúna todo o esencial para que as empresas se adapten aos retos que supón a economía circular e ás tendencias en novos procesos e produtos, aproveitando as novas oportunidades.
- Implantar bancos de desenvolvemento para estudos de viabilidade, probas e validación, así como o desenvolvemento de proxectos de proba de concepto.
- Impulsar a internacionalización das empresas do sector transformador a través da innovación, contribuíndo á mellora dos seus produtos e procesos.
- Incrementar o coñecemento tecnolóxico de interese sectorial para a súa transferencia aberta.
