Buscar en toda la web

CalendarioEventos

       
  
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Noticias

V Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro: Historia do sector en Vigo en clave de xénero

21 de Outubro de 2019 – O consorcio formado pola Fundación Clúster de Conservación de Productos do Mar – FUNPROMAR – e a Fundación para a Pesca e Marisqueo – FUNDAMAR-, co apoio da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, celebrarán o próximo mércores 23 de outubro ás 12:00h, no Salón de Actos da Casa Galega da Cultura (Calle Princesa, 2), as V Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro: Historia do sector en Vigo en clave de xénero.

Como ven sendo habitual nos últimos anos e por medio da marca SEREAS creada por FUNPROMAR e FUNDAMAR, recóllense os testemuños e accións encamiñados á investigación e posta en común dos proxectos e traballos que teñen como conexión a visibilización da muller, poñendo especial atención no sector mar-industria.

O obxectivo desta nova edición de SEREAS é narrar a Historia do sector pesqueiro e conserveiro en Vigo dende unha perspectiva de xénero, contribuíndo ao coñecemento e difusuión da historia das mulleres como un primeiro paso cara un "futuro” fondo documental, gráfico e audiovisual.

Para iso, durante a xornada presentaremos as dúas primeiras fichas que terán como protagonistas ás Mariscadoras de Vigo e ás traballadoras de Alfageme. Mostraremos ademáis outras experiencias de éxito que traballan neste medio: "Álbum de mulleres” do Consello da Cultura Galega e "A Memoria das mulleres” do Concello de  Pontevedra.

"Álbum de mulleres”, presentado pola Técnico Mariám Mariño del Consello da Cultuga Galega, está plantexado como centro de documentación dixital con continuas incorporacións, permitindo a visibilización do persoal feminino en varios ámbitos: docencia, literatura, política, sociedade, ámbito doméstico, relixioso e marítimo.
"A memoria das mulleres” do Concello de Pontevedra ten a Montse Fajardo, responsable das represaliadas e a María Abelleira, responsable das traballadoras e da web "Do Gris ao Violeta”. Neste proxecto ten como obxectivo principal a difusión e coñecemento da historia das mulleres así como a elaboración dunha enciclopedia virtual sobre as súas vidas ademáis do emprego das tecnoloxías da comunicación para a súa divulgación.
 
O acto contará coa presenza da Presidenta da Deputación de Pontevedra, Dna. Carmela Silva e e Concelleira de Igualdade do Concello de Vigo, Dna. Uxía Blanco, xunto cos representantes de ambas fundacións, D. Javier Touza e D. Juan M. Vieites.

Máis información en museo@anfaco.es e fundamar@fundamar.org
 
 volver